Valoración Completa
Análise detallada dos teus hábitos alimentarios, estilo de vida, historia clínica e obxectivos para deseñar o teu plan personalizado.
Acompañamento nutricional profesional, próximo e baseado en evidencia científica. Sen dietas ríxidas, sen presións. Só un camiño realista e sostible cara ao teu benestar.

Ferramentas e acompañamento nutricional profesional para persoas que buscan mellorar a súa saúde e benestar a longo prazo
Análise detallada dos teus hábitos alimentarios, estilo de vida, historia clínica e obxectivos para deseñar o teu plan personalizado.
Planificación adaptada á túa vida real e circunstancias. Estratexias claras e aplicables.
Revisións periódicas para adaptar o teu plan á túa evolución e necesidades do momento.
Axenda a túa consulta cando queiras, 24/7. Sen chamadas, sen esperas. Escolle o horario que mellor se adapte a ti.
Revisións periódicas para axustar o teu plan segundo a túa evolución, cargas de adestramento e calendario deportivo.
Resolve as túas dúbidas cando xurdan por WhatsApp ou correo. Comunicación fluída e próxima para que nunca te sintas só no proceso.
Antes da primeira consulta recibirás un cuestionario de valoración inicial que me permitirá coñecer os teus hábitos, obxectivos e historial clínico. Isto axudaranos a optimizar o tempo durante a sesión.
O día da consulta reunirémonos por videochamada durante uns 50–60 minutos para analizar a túa situación en detalle e definir xuntos os puntos clave para avanzar cara aos teus obxectivos.
Nun prazo de 48 a 72 horas laborables recibirás a túa pauta personalizada, adaptada ás túas necesidades e ritmo de vida.
A consulta inclúe resolución de dúbidas durante os seguintes 30 días por WhatsApp ou correo electrónico.
Se cancelas durante as 24 horas anteriores ao inicio da cita, non se devolverá o importe aboado. Podes solicitar un cambio de cita con polo menos 48 horas de antelación, suxeito á dispoñibilidade.
Mediante videochamada de 25–30 minutos, avaliaremos como están funcionando os cambios realizados, resolveremos dúbidas de maneira máis profunda e plantexaremos novas adaptacións para axudarche a acadar os teus obxectivos.
Nun prazo de 48 a 72 horas laborables recibirás unha nova pauta cos axustes correspondentes.
A consulta inclúe resolución de dúbidas durante os seguintes 30 días por WhatsApp ou correo electrónico.
Se cancelas durante as 24 horas anteriores ao inicio da cita, non se devolverá o importe aboado. Podes solicitar un cambio de cita con polo menos 48 horas de antelación, suxeito á dispoñibilidade.
Para deportistas que preparan unha proba concreta e buscan un acompañamento máis exhaustivo.
Antes da consulta recibirás un cuestionario de valoración inicial e realizaremos unha videochamada de 50–60 minutos para coñecer a túa situación e obxectivos.
A partir de aí, cada semana recibirás pautas adaptadas aos teus adestramentos, con recomendacións específicas de suplementación intraentreno e estratexias para prepararte antes e durante a competición.
Durante os seguintes 30 días, poderás resolver calquera dúbida por WhatsApp ou correo electrónico.
Se cancelas durante as 24 horas anteriores ao inicio da cita, non se devolverá o importe aboado. Podes solicitar un cambio de cita con polo menos 48 horas de antelación, suxeito á dispoñibilidade.
Consulta de revisión para deportistas que están seguindo o plan avanzado.
Realízase unha videochamada de 25–30 minutos para valorar como están funcionando os cambios, resolver dúbidas de maneira detallada e propoñer axustes.
A diferenza da revisión estándar, esta opción inclúe adaptacións semanais da suplementación intraentreno.
A consulta inclúe resolución de dúbidas durante os seguintes 30 días por WhatsApp ou correo electrónico.
Se cancelas durante as 24 horas anteriores ao inicio da cita, non se devolverá o importe aboado. Podes solicitar un cambio de cita con polo menos 48 horas de antelación, suxeito á dispoñibilidade.
En Tirada Larga non vendo milagres nin prometo resultados rápidos. Ofrezo un proceso honesto, progresivo e sostible, pensado para mellorar a túa calidade de vida, saúde e rendemento sen complicacións.
Tras completar o cuestionario inicial, reunímonos nunha videochamada dunha hora para analizar a túa situación actual, obxectivos, hábitos e estilo de vida e así entender o teu punto de partida.
Deseño unha estratexia nutricional adaptada ao teu día a día, preferencias e actividade.
Nun prazo de 48 a 72 horas laborables, tras a consulta recibirás unha estratexia nutricional adaptada ao teu día a día, preferencias e actividade.
Seguimento regular con videochamadas de 30 minutos. Complementamos estas sesións con soporte por WhatsApp e correo electrónico, para axudarte a axustar o teu plan, resolver dúbidas e avanzar con confianza.
Tirada Larga une dúas ideas: en nutrición, os cambios de hábitos requiren constancia e longo prazo; en deporte, as tiradas longas son os adestramentos que marcan a diferenza.

Dietista-Nutricionista especializado en educación nutricional e nutrición deportiva. N.º colexiado GA00361
Despois de estudar farmacia e traballar tras o mostrador, comprobei que moitas enfermidades actuais están relacionadas coa nosa alimentación. A práctica de tríatlon e carreiras de resistencia durante máis de dez anos, xunto co adestramento de forza, amosáronme a importancia da nutrición no rendemento deportivo. Ver como a alimentación afectaba á miña vida e á dos que me rodeaban motivoume a estudar o grao universitario en nutrición e a formarme en educación nutricional, nutrición deportiva e manexo de patoloxías, para poder axudar a outros a mellorar o seu benestar.
Estudos oficiais
Grao en Nutrición Humana e Dietética, Grao en Farmacia e Certificación de Antropometría ISAK I
Estudos complementários
Curso de Especialización en Nutrición Deportiva polo ICNS, Curso de Experto en Consulta por Experto en Nutrición e Curso de Running e Hipertrofia por Experto en Nutrición
Estudos complementarios
Curso de Especialización en Nutrición Deportiva por ICNS
Enfoque personalizado
Adaptado a cada persoa
Tirada Larga une dúas ideas: en nutrición, os cambios de hábitos requiren constancia e longo prazo; en deporte, as tiradas longas son os adestramentos que marcan a diferenza.
O primeiro paso é o máis importante. Reserva a túa consulta inicial e comezamos a traballar xuntos nos teus obxectivos.
Atopa respostas ás preguntas máis comúns sobre os meus servizos de nutrición.
Non atopas o que buscas?