Tirada Larga
GL ES EN
Educación nutricional Nutrición deportiva

Acada os teus obxectivos nutricionais ao teu ritmo

Acompañamento nutricional profesional, próximo e baseado en evidencia científica. Sen dietas ríxidas, sen presións. Só un camiño realista e sostible cara ao teu benestar.

  • Nutricionista colexiado
  • Planificación individualizada
  • Seguimento personalizado
Adrián Ferrón Moure
Adrián Ferrón Moure Dietista-Nutricionista especializado en educación nutricional e nutrición deportiva. N.º colexiado GA00361

Todo o que precisas para avanzar

Ferramentas e acompañamento nutricional profesional para persoas que buscan mellorar a súa saúde e benestar a longo prazo

Revisión avanzada

Consulta de revisión para deportistas que están seguindo o plan avanzado. Realízase unha videochamada de 25–30 minutos para valorar como están funcionando os c...

30 minutos Videochamada
70 €
Reservar

1ª consulta avanzada

Para deportistas que preparan unha proba concreta e buscan un acompañamento máis exhaustivo. Antes da consulta recibirás un cuestionario de valoración inicial...

60 minutos Videochamada
70 €
Reservar

1ª consulta

Antes da primeira consulta recibirás un cuestionario de valoración inicial que me permitirá coñecer os teus hábitos, obxectivos e historial clínico. Isto axudar...

60 minutos Videochamada
60 €
Reservar

Revisión

Mediante videochamada de 25–30 minutos, avaliaremos como están funcionando os cambios realizados, resolveremos dúbidas de maneira máis profunda e plantexaremos...

30 minutos Videochamada
40 €
Reservar

Valoración Completa

Análise detallada dos teus hábitos alimentarios, estilo de vida, historia clínica e obxectivos para deseñar o teu plan personalizado.

Plans Nutricionais

Planificación adaptada á túa vida real e circunstancias. Estratexias claras e aplicables.

Informes Profesionais

Revisións periódicas para adaptar o teu plan á túa evolución e necesidades do momento.

Reservas Online

Axenda a túa consulta cando queiras, 24/7. Sen chamadas, sen esperas. Escolle o horario que mellor se adapte a ti.

Seguimento Continuo

Revisións periódicas para axustar o teu plan segundo a túa evolución, cargas de adestramento e calendario deportivo.

Comunicación Directa

Resolve as túas dúbidas cando xurdan por WhatsApp ou correo. Comunicación fluída e próxima para que nunca te sintas só no proceso.

Cada persoa avanza ao seu propio ritmo

En Tirada Larga non vendo milagres nin prometo resultados rápidos. Ofrezo un proceso honesto, progresivo e sostible, pensado para mellorar a túa calidade de vida, saúde e rendemento sen complicacións.

  1. km
    0

    Avaliación inicial

    Tras completar o cuestionario inicial, reunímonos nunha videochamada dunha hora para analizar a túa situación actual, obxectivos, hábitos e estilo de vida e así entender o teu punto de partida.

  2. km
    1

    Plan personalizado

    Deseño unha estratexia nutricional adaptada ao teu día a día, preferencias e actividade.

    Nun prazo de 48 a 72 horas laborables, tras a consulta recibirás unha estratexia nutricional adaptada ao teu día a día, preferencias e actividade.

  3. km
    2

    Acompañamento continuo

    Seguimento regular con videochamadas de 30 minutos. Complementamos estas sesións con soporte por WhatsApp e correo electrónico, para axudarte a axustar o teu plan, resolver dúbidas e avanzar con confianza.

Humana
Próxima, empática e sen xuízos. Entendo as túas necesidades reais.
Realista
Hábitos sostibles que se adaptan ao teu tempo e enerxía.
Profesional
Baseado en evidencia científica e coñecemento actualizado.
Motivadora
Apoio e dirección para que avances con confianza.

Tirada Larga une dúas ideas: en nutrición, os cambios de hábitos requiren constancia e longo prazo; en deporte, as tiradas longas son os adestramentos que marcan a diferenza.

Adrián Ferrón Moure

Adrián Ferrón Moure

Dietista-Nutricionista especializado en educación nutricional e nutrición deportiva. N.º colexiado GA00361

Despois de estudar farmacia e traballar tras o mostrador, comprobei que moitas enfermidades actuais están relacionadas coa nosa alimentación. A práctica de tríatlon e carreiras de resistencia durante máis de dez anos, xunto co adestramento de forza, amosáronme a importancia da nutrición no rendemento deportivo. Ver como a alimentación afectaba á miña vida e á dos que me rodeaban motivoume a estudar o grao universitario en nutrición e a formarme en educación nutricional, nutrición deportiva e manexo de patoloxías, para poder axudar a outros a mellorar o seu benestar.

  • Estudos oficiais Grao en Nutrición Humana e Dietética, Grao en Farmacia e Certificación de Antropometría ISAK I
  • Estudos complementários Curso de Especialización en Nutrición Deportiva polo ICNS, Curso de Experto en Consulta por Experto en Nutrición e Curso de Running e Hipertrofia por Experto en Nutrición
  • Estudos complementarios Curso de Especialización en Nutrición Deportiva por ICNS
  • Enfoque personalizado Adaptado a cada persoa

Preguntas Frecuentes

Atopa respostas ás preguntas máis comúns sobre os meus servizos de nutrición.

Non atopas o que buscas?

Escríbeme directamente
Como se realiza a consulta?
As consultas realízanse por videochamada a través de WhatsApp ou Google Meet.
Necesito algún material ou app para as consultas?
Só precisas un dispositivo con cámara e boa conexión a internet.
Que pasa se non son deportista?
Podo axudarte igualmente. Ademais de traballar con deportistas, tamén acompaño a persoas que queren mellorar a súa saúde, a súa relación coa comida, a súa composición corporal ou o seu benestar xeral.
Para quen non é a consulta?
Non teño os coñecementos suficientes para axudar a persoas con trastornos da conduta alimentaria ou patoloxías dixestivas sen diagnóstico médico.
En canto tempo verei resultados?
Cada persoa avanza ao seu ritmo. O meu enfoque é sustentable, personalizado e a longo prazo, sen promesas de cambios rápidos ou pouco realistas.
Como podo realizar o pagamento?
O pagamento realízase ao reservar a consulta, a través da pasarela habilitada na plataforma. A reserva queda confirmada unha vez recibido o pagamento.
Cal é a política de cancelación ou cambio de cita?
Podes cancelar a túa consulta ata 72 horas antes ou modificar a cita con 48 horas de antelación. Pasado ese prazo, non será posible realizar cambios.
Tras revisar a metodoloxía de traballo, quédame algunha dúbida. Como podo contactar?
Podes enviarme un correo a adrian@tiradalarga.com, mandarme un WhatsApp ou chamar ao 722 265 229. Estarei encantado de axudarte.

Listo para comezar o teu camiño?

O primeiro paso é o máis importante. Reserva a túa consulta inicial e comezamos a traballar xuntos nos teus obxectivos.