Para deportistas que preparan unha proba concreta e buscan un acompañamento máis exhaustivo.
Antes da consulta recibirás un cuestionario de valoración inicial e realizaremos unha videochamada de 50–60 minutos para coñecer a túa situación e obxectivos.
A partir de aí, cada semana recibirás pautas adaptadas aos teus adestramentos, con recomendacións específicas de suplementación intraentreno e estratexias para prepararte antes e durante a competición.
Durante os seguintes 30 días, poderás resolver calquera dúbida por WhatsApp ou correo electrónico.
A cita pódese cancelar ata 72 horas antes e cambiar con 48 horas de antelación.